Os Premios Forqué 2021, outorgados polos representantes máis destacados da produción audiovisual española a través de EGEDA (Entidade de Xestión de Dereitos dos Produtores Audiovisuais), recoñeceron á serie ‘Hierro’ como a mellor do ano, con dous galardóns nas categorías de Mellor Serie e Mellor Actriz Protagonista para Candela Peña.
A segunda tempada deste thriller creado por Pepe Coira e dirixido por Jorge Coira fíxose con dous dos tres premios reservados ás series de televisión.
O equipo creativo de Hierro xa traballa na súa nova produción, a serie ‘Rapa’, que se está rodando en localizacións da comarca coruñesa de Ferrolterra. A nova serie está creada Pepe Coira e Fran Araújo, conta coa dirección de Jorge Coira e está protagonizada por Javier Cámara e Mónica López. ‘Rapa’, estrearase en exclusiva en Movistar+ en 2022.