As películas ‘Tres’, de Frida Films, e ‘Valentina’, de Abano Producións, nominadas aos Premios Goya

As películas ‘Tres’, de Frida Films, e ‘Valentina’, de Abano Producións, nominadas aos Premios Goya

Hai unhas horas que se coñecen os traballos que competirán na vindeira edición dos Premios Goya. Entre as películas finalistas están o filme de ficción ‘Tres’, producido por Frida Films, e a película de animación ‘Valentina’, producida por Abano Producións.

‘Valentina’, película dirixida por Chelo Loureiro e producida por Abano Producións, é finalista na categoría de Mellor película de animación, na que compite con ‘Gora Automatikoa’, ‘Mironins’ e ‘Salvar el árbol’.

‘Tres’, filme dirixido por Juanjo Giménez e producido por Frida Films, acadou dúas nominacións nas categorías de Mellor guión orixinal e mellor son. No caso de Mellor guión orixinal, ‘Tres’ compite con ‘El buen patrón’, ‘Libertad’ e Maixabel’. E na categoría de Mellor son compite con ‘El Buen Patrón’, ‘Madres Paralelas’ e ‘Maixabel’.

A gala dos Premios Goya terá lugar o vindeiro 12 de febreiro en Valencia.

A lista completa de nominación pode consultarse aquí.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies