Culturgal pecha a súa 14 edición da Feira sumando 9.000 visitas

Culturgal pecha a súa 14 edición da Feira sumando 9.000 visitas

Cun día menos de apertura ao público e un panorama aínda marcado pola pandemia de Covid-19, a Culturgal fechaba este 28 de novembro a súa décimo cuarta edición a sumar 9.000 visitas. A organización da Feira das Industrias Culturais Galegas salientou, a través do director do evento, José Aldea, que ‘a afluencia de público superou as nosas expectativas xa que hai só unhas semanas os aforos que manexabamos eran moito máis reducidos. Recibimos unha resposta moi positiva dos participantes que nos manifestaron a importancia de reencontrarnos, o que fai que nos decatemos da dimensión humana ou emocional, se se quer de Culturgal, como cita de referencia para o sector’.

A cifra de 9.000 visitas supón un descenso importante fronte ás 14.000 que o evento recibía nas súas últimas edición presenciais e coincide no número de visualizacións da edición virtual que se celebrou en 2020.

Alén do resultado desta feira, Aldea destacou que ‘cremos que a Feira se reequilibra, cun modelo de feira máis sustentable no que seguiremos afondando nas vindeiras edicións, máis cómoda para visitantes, expositores e para nós como organización‘. Como novidades no desenvolvemento do encontro, apunta que ‘máis da metade das entradas vendidas foron adquiridas online, é un cambio substancial respecto das anteriores edicións; tamén acontece cos pagos na feira por parte dos visitantes. En definitiva, cultura segura para todos’.

Nos vindeiros día a organización entrará en contacto coas empresas que acudiron á cita ‘para coñecer a súa valoración do paso por Pontevedra e das novidades da edición’ como o ter habilitado o venres 26, primeira xornada do evento, como día de montaxe co recinto feiral pechado ao público. A vindeira edición do Culturgal anúnciase xa entre os días 25 a 27 de novembro de 2022.

Para alén das visitas presenciais, o evento desenvolveu tamén unha intensa programación en liña mediante Culturgal TV, que se puido seguir mediantes a canle e Youtube da Feira, en Nós TV e mais na TVG.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies