Onte coñecíanse os proxectos nominados aos Premios Feroz. A lista de finalistas conta con dous proxectos de produción galega de empresas asociadas a Agapi. Trátase dos proxectos producidos por Portocabo (‘Hierro’) e Frida Films (‘Tres’).
Trátase da serie ‘Hierro’, producida por Portocabo, que conta con 3 nominacións nas categorías de: Mellor serie dramática, creada por Pepe Coira; Mellor actriz protagonista dunha serie a Candela Peña e Mellor actor protagonista dunha serie a Darío Grandinetti. E do filme de ficción, ‘Tres’, producido por Frida Films, que conta con 3 nominacións nas categorías de Mellor película dramática, Mellor actriz protagonista de película a Marta Nieto e Mellor guión a Juanjo Giménez e Pere Altimira.
Os Premios Feroz están impulsados pola Asociación de Informadores Cinematográficos de España que nace en 2013 coa vocación de aglutinar ao gremio superando ás habituais barreiras que existen entre críticos e informadores de cine, e tamén as que separan ós medios convencionais dos electrónicos, sen distinción do lugar onde cada un esté radicado, o medio ou medios para os que desempeñe o seu traballo, e sen discriminar tampouco a modalidade contractual á que esté acollido.
A entrega de premios terá lugar en Zaragoza o vindeiro 29 de xaneiro de 2022. A lista completa de nominacións pode consultarse na web.