Felipe Lage renova o seu compromiso como presidente de Agapi por dous anos máis

Felipe Lage renova o seu compromiso como presidente de Agapi por dous anos máis

A Asemblea Xeral de socios de AGAPI celebrada, o pasado venres 17 de decembro, acordou de novo apoiar por unanimidade a candidatura de Xunta Directiva para os vindeiros dous anos, presidida por Felipe Lage, produtor executivo en Zeitun Films.

Estará acompañado por X. Lois Ledo de Nós Produtora Cinematográfica Galega como vicepresidente, Luisa Romeo de Frida Films como secretaria e Andrea Vázquez de Miramemira como tesoureira.

Continúan como vogais Ignacio Vilar de Vía Láctea Filmes, J. Antonio Velo de Ástrágalo Studio e Daniel Froiz de Matriuska. E estréase no cargo, Nati Juncal de Cósmica Producións.

A nova Xunta Directiva asume o cargo con ilusión e compromiso de traballo a prol do audiovisual galego como se leva facendo desde a constitución de Agapi no ano 1994 e fai un chamamento a todas as produtoras independentes a unirse a este proxecto común.

Composición da nova Xunta Directiva Agapi 2021-2023:
Presidente: Felipe Lage Coro (Zeitun Films, A Coruña)
Vicepresidente: X.Lois Ledo (Nós Produtora Cinematográfica Galega, Santiago)
Secretaria: Luisa Romeo (Frida Films, Santiago)
Tesoureira: Andrea Vázquez (Miramemira, Santiago)
Vogais:
Ignacio Vilar (Vía Láctea Filmes, Vigo)
Nati Juncal (Cósmica Producións, Santiago)
J.Antonio Velo (Astrágalo Studio, Ourense)
Daniel Froiz (Matriuska, Pontevedra)

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies