Convocatoria: Titorías AGAG para mulleres guionistas

Convocatoria: Titorías AGAG para mulleres guionistas

As Titorías AGAG son unha iniciativa da Asociación Sindical Galega de Guionistas, en colaboración coa Fundación SGAE, que nace co gallo de:

  • Promover a presencia de mulleres guionistas no audiovisual galego.
  • Apostar polo novo talento feminino no eido do guión.
  • Asesorar e dar a coñecer os proxectos das creadoras galegas, de calquera idade, con e sen experiencia profesional.

PARTICIPACIÓN
– Poderán participar todas as mulleres maiores de idade, de nacionalidade española ou residencia en España, cun proxecto orixinal en galego, de temática libre, para LONGAMETRAXE, SERIE ou PROGRAMA DE TELEVISIÓN. Quedan excluídas as adaptacións de obras ou formatos preexistentes.
– Cada autora poderá presentar un único proxecto a unha soa das categorías (longametraxe, serie ou programa de televisión).
– Poderán presentarse proxectos en colaboración, sempre que todas as autoras sexan mulleres.
– Os proxectos presentados non deberán ter recibido ningunha axuda pública, subvención ou premio anterior á data límite de entrega.

Máis info

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies