Ciclo formación audiovisual para profesionais

Ciclo formación audiovisual para profesionais

– Deseño de dosier
– Produción executiva
– Presentación de proxectos para inversores

Santiago de Compostela. 22, 27, 28 e 29 de novembro de 2019

Destinatarios:

Dirixido a profesionais que desenvolven a súa andaina profesional no ámbito audiovisual: guionistas, directores, produtores, etcétera.

Obxectivos:

– Formación na capacidade de xestión dunha empresa e un produto audiovisual.
– Coñecemento e desenvolvemento de habilidades, competencias e destrezas creativas necesarias para o deseño e a elaboración de produtos audiovisuais.
– Coñecemento práctico das circunstancias máis importantes na toma de decisións sobre contidos, e da situación e necesidades do mercado actual.
– Dominio das ferramentas máis accesibles para preparar un pitch/reunión.

Programa:

Día 22. Curso Deseño de dosier e presentación de proxectos, con Marta Rodríguez. Formación teórica e práctica. Horario: 10.00–14.00 e 16.00-18.00 horas.

Contidos:
1.- Quero vender o meu proxecto. As reunións. A imaxe na estratexia de venda:
claves e formatos de presentación.
2.- Como se vendeu…? Exemplos de proxectos propios e alleos. Cómo foron presentados e cómo acabaron sendo.
3.- O deseño de proxectos: peculiaridades, a “zona intermedia”, o ton, os códigos de xénero, claves, problemas, recursos.
4.- Construíndo a miña imaxe. -O proceso de creación e deseño. Métodos.
– A portada –
– A maquetación interior. Organización da información e narrativa visual.
– A tipografía como elemento expresivo.
5.- Obradoiro práctico. Desenvolvemento práctico de imaxe para o proxecto persoal.
6.- Tips. 10 preguntas importantes que debemos facernos.
7.- Cómo mandar os proxectos. Cómo preparar os proxectos para imprimir, enviar por email, etcétera.

Para participar no obradoiro é necesario asistir con portátil co programa de edición Photoshop instalado.

Día 27. Curso de produción executiva, con Alfonso Blanco. Horario: 10.30–14.00 e 16.00-18.00 horas.

Contidos:
O curso abordará a produción executiva cunha visión ampla da xestión integral de proxectos e modelos de negocio da industria actual.
Os contidos están dirixidos a facilitar as ferramentas e habilidades que permitan impulsar e desenvolver proxectos de series de ficción a través do coñecemento das funcións do produtor executivo:
1.- Análise e identificación do proxecto.
2.- Desenvolvemento da idea orixinal e proceso de escritura.
3.- Orzamento e financiamento.
4.- Produción.
5.- Mercados e vendas.

Días 28 e 29. Obradoiro de presentación de proxectos para inversores, con Susana Herreras. Horarios: Día 28, 10.00-14.30 e 16.00-19.00 horas. Día 29, 10.00-14.00 horas.

Durante a xornada de mañá do día 28 profundarase nos principios teóricos do pitching cos seguintes contidos:
1.- Os procesos de decisións en proxectos audiovisuais. Coñecer as necesidades da industria.
2.- O desenvolvemento de proxectos. Modelos de produción e procesos de desenvolvemento: relación entre cadeas e produtoras.
3.- A análise de guión. Obxectivo, modelos, contido.
4.- O pitch, as reunións.

Cos coñecementos acadados durante a primeira sesión do obradoiro, cada asistente exercitará o seu propio pitching realizando unha práctica de 20 minutos de duración. Estas exposicioóns desenvolveranse ao longo dos días 28 (tarde) e 29 (mañá). Consistirán na presentación dun proxecto propio en presenza do resto de alumnos e comentada por Susana Herreras.

Datas, horario e lugar de impartición:

Santiago de Compostela
Fechas: 22, 27, 28 e 29 de novembro de 2019
Horarios:
Día 22 de novembro, de 10.00 a 14.00h // 16.00 a 18.00h             – 6 horas
Día 27 de novembro, de 10.30 a 14.00h // 16.00 a 18.00               – 5 horas e media
Día 28 de novembro, de 10.00 a 14.30h // 16.00 a 19.00               – 7 horas e media
Día 29 de novembro, de 10.00 a 14.00h                                          – 4 horas
Duración: 23 horas
Lugar:  Sala Fundación SGAE – Salvadas 2 A – Parque Vista Alegre – 15705 Santiago

Matrículas (IVE incluído):

O ciclo formativo para profesionais do audiovisual, deseñado polo Consello Territorial de SGAE en Galicia, está composto por tres propostas: Curso de deseño de dosier, Curso de produción executiva e Obradoiro de presentación de proxectos para inversores. A matrícula no ciclo completo terá prioridade sobre a matrícula por curso individual, formalizándose por estrita orde de chegada do boletín.
As inscricións individuais e para público xeral admitiranse tres días antes do inicio de cada un dos cursos, en caso de que as prazas para o ciclo completo non se cubriran.

SOCIOS SGAEPÚBLICO EN XERAL
Custe do ciclo completo40 €70 €
Curso de deseño de dosier con Marta Rodríguez. (22 de novembro)12 €20 €
Curso de produción executiva con Alfonso Blanco. (27 novembro)12 €20 €
Obradoiro presentación de proxectos para inversores con Susana Herreras. (28 e 29 de novembro)30 €60 €

Selección dos alumnos:

As inscricións no ciclo completo e os socios e socias de SGAE terán prioridade sobre as inscricións nos cursos individuais e o público xeral.

Tres días antes de rematar o prazo, abrirase a matrícula ao público xeral e informarase aos interesados das prazas dispoñibles. Máximo: 20 prazas.

Admitiranse inscricións por orde de chegada do boletín de inscrición a través da web de Fundación SGAE, ata completar a capacidade establecida ou ata dous días antes do comezo. Realización suxeita a un mínimo de inscritos.

Información:

Santiago de Compostela
Departamento de Formación
Patricia Blanco
Tel. 981 56 91 78
pblanco@fundacionsgae.org

NOTA: Fundación SGAE resérvase o dereito de modificar calquera aspecto do programa se as circunstancias o requiren.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies