A 26ª edición de Animac, que organiza o Concello de Lleida, deu a coñecer parte da programación do Pequeno Animac, o apartado da Mostra Internacional de Cine de Animación de Cataluña especialmente pensado para os máis pequenos da casa. Na Llotja e no CaixaForum Lleida, os nenos poderán ver cinco sesións con unha selección de 32 films de animación (27 curtametraxes, 4 mediometraxes e 1 longametraxes) de 19 nacionalidades diferentes e unha decena dos cales estréanse no Estado español.
Como o pasado ano, boa parte da programación infantil poderá seguir tamén en liña, do 4 ao 13 de marzo, a través da plataforma Filmin. E para as escolas e institutos da demarcación de Lleida, Animac organiza un ano máis as Sesións Escolares, con unha selección de 22 curtametraxes de todo o mundo, que este ano se poderán seguir en formato híbrido: presencial en La Llotja de Lleida, do 28 de febreiro ao 4 de marzo, en liña a través de Filmin. En total, máis de 9.000 nenos poderán disfrutar destas sesións.
O Pequeno Animac contará este ano con unha invitada especial: a directora e produtora de animación galega, Chelo Loureiro, que o vindeiro 6 de marzo presetará en Lleida a longametraxe ‘Valentina’, unha historia de superación e optimismo que ten como protagonista a unha nena con síndrome de Down que quere ser trapecista. Trátase da ópera prima de Loureiro como directora, despois dunha dilatada traxectoria como produtora e produtora executiva, tendo producido series de televisión, curtametraxes, documentais e longametraxes, en gran parte con coprodutores internacionaos que levan recollido numerosos premios e recorrido festivais de todo o mundo.