Catro producións de asociadas de AGAPI participarán nas seccións competitivas do Festival Internacional de Cine Documenta Madrid

Madrid acollerá do 26 ao 31 de maio o Festival Internacional de Cine Documenta Madrid, no que catro producións de asociadas de AGAPI participarán nas seccións competitivas.

A produtora Filmika Galaika estará presente no certame con dúas das súas producións: ‘As estaçoes‘ de Maureen Fazendeiro na Sección Oficial Internacional e ‘Krakatoa‘ de Carlos Casas na Sección Oficial Nacional. Na competición estatal poderase ver tamén a ópera prima de Adrián Canoura, ‘Fomos ficando sós‘, producida por Zeitun Films. Así ‘Despois das cidades’, último filme do director Xacio Baño producida por Rebordelos.

O festival articula este ano a súa programación en torno ao concepto ‘Tomar el pulso’, unha mirada ao cine directo que reivindica a súa capacidade para rexistrar sen mediacións a realidade contemporánea, captando as súas tensións, conflitos e transformacións en tempo real. 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies