A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Universidade de Vigo organizan a oitava edición de AuGAL, a Master Class do Audiovisual Galego correspondente ao curso 2018-2019. Como en anteriores convocatorias, desenvolverase na facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra do 26 de novembro ao 16 de abril co seu programa habitual dedicado a producións galegas explicadas polos seus protagonistas e coa novidade da inclusión de varios talleres sobre cor, dirección de fotografía, son e guión.
MÁIS INFO: Agadic