A Asociación de Produtoras Vascos (EPE APV) organiza en Bilbao no día de hoxe unhas xornadas sobre financiamento audiovisual. Neste evento analizaranse as diferentes lexislacións que afectan ao audiovisual, aportando propostas de posibles solucións.
O encontro sobre axudas públicas directas e indirectas estatais e autonómicas estará dividido en tres bloques. O primeiro centrarase na proposta de novo modelo de financiamento do cinema e do audiovisual estatal ( FASA), que será presentada por Raimon Masllorens, Presidente da Federación de Produtores Audiovisuais (Proa). A segunda mesa deste bloque centrarase nas desgravacións fiscais para o audiovisual, co foco posto no caso Navarro. A presentación correrá a cargo de Javier Lacunza, Director Xerente de NICDO (Navarra de Infraestruturas de Cultura, Deporte e Lecer). A terceira mesa versará sobre a Lei Andaluza do Audiovisual, que será presentada por Jose Antonio Hergueta, Presidente PECAA (Plataforma de Empresarios e Creadores andaluces). Moderará este primeiro bloque Luís Ramírez O segundo bloque estará dedicado na transparencia e fomento de libre competencia do sector audiovisual, unha mesa redonda na que participarán Maria Luisa Gutiérrez ( Bowfinger); Ximo Perez , de Productors Audiovisuals Valencians ( PAV) e Dores Ben, da Asociación Galega de Produtoras Independentes ( AGAPI). Estará moderada por Francisco Menéndez. Xa pola tarde o terceiro bloque analizará as coproducións e os tratados internacionais, onde o modelo italiano e as axudas rexionais á coprodución – modelo Roma/ Lazio serán protagonistas. Intervirá Gabriella Carlucci, Directora do mercado Italo-Español e delegada dos fondos rexionais á coprodución Roma/ Lazio e moderará a conferencia Eduardo Carneiros.