Aberto prazo de inscrición para o Festival de Cans 2017

Aberto prazo de inscrición para o Festival de Cans 2017

O Festival de Cans abre ata o 5 de marzo o prazo para enviar curtametraxes e videoclips para entrar a concurso na 14ª edición, que se celebrará do 24 ao 27 de maio de 2017.

O Festival de Cans é un evento destinado a promover o talento das novas e novos creadores. Ata o domingo 5 de marzo estará aberto o prazo para enviar curtametraxes e videoclips para entrar a concurso na XIV edición do evento que se celebrará do 24 ó 27 de maio de 2017. Admítense curtas de ficción, de non-ficción, de animación e de todo o que consideredes que son pezas curtas que precisen dun público que as desfrute, ademais de videoclips. Neste senso, esperamos superar de novo o número de obras inscritas, que o ano pasado ascendeu a máis de 200. Este ano destinaremos en premios en metálico 6.900 euros, para intentar axudarvos e que sigades facendo cine no futuro. Seguindo a liña do ano pasado o Premio do xurado á Mellor Curtametraxe ascenderá a 2000 euros, continuando así a nosa aposta polo talento galego.

Máis información aquí.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies