As empresas socias de AGAPI, Astrágalo Studio e Miramemira son finalistas nas candidaturas de Mellor Creatividade (Astrágalo Studio), Mellor execución de idea (Astrágalo Studio) e Mellor práctica na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial (Miramemira) nos Premios Paraugas que este ano celebran a súa V edición.
Estes premios están impulsados polo Clúster da Comunicación de Galicia. A Gala dos V Premios Paraugas-Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia estaba prevista para o 12 de febreiro en Expourense. Sen embargo, debido á situación sanitaria actual, ás medidas de prevención e ás restricións impostas polo Goberno, a Gala dos Premios Paraugas do vindeiro 12 de febreiro celebrarase finalmente de forma online. A cerimonia comezará ás 21:00 horas e poderá seguirse nas redes sociais.