A comedia ‘Cuñados’, primeira longametraxe da produtora  Portocabo, estrearase en abril en cinemas

A comedia ‘Cuñados’, primeira longametraxe da produtora Portocabo, estrearase en abril en cinemas

O próximo mes de abril chegará aos cinemas da man de Filmax a comedia galega ‘Cuñados’, ópera prima de Toño López (‘Mareas Vivas’) e primeira longametraxe tamén da produtora especializada no medio televisivo Portocabo.

‘Cuñados’ é unha comedia de enredo sobre as peripecias delituosas de tres cuñados unidos polo azar e embarcados nun plan disparatado. Trátase dunha produción de Portocabo que conta coa participación de RTVE e Televisión de Galicia e coa subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). En ‘Cuñados’ colaboraron tamén a Deputación de Ourense e D.O. Ribeiro e está rodada integramente na provincia de Ourense. Filmax encárgase da distribución en España, así como das vendas internacionais.

A película conta cun elenco integrado por Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez Rey, Eva Fernánde, Iolanda Muiños e María Vázquez, entre outros. O guion é obra de Araceli Gonda (‘Hierro’; ’18 comidas’). Parte do equipo técnico está integrado por Jaime Pérez na dirección de fotografía; Lu Rodríguez na montaxe; Santi Jul e Iván Laxe na música orixinal e Andrea Pozo na dirección artística, entre outros.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies