‘As liñas descontinuas’, dirixida por Anxos Fazáns e producida pola nosa asociada Sétima, chega aos cines
O pasado xoves 19 de febreiro tivo lugar a preestrea da nova película da directora galega Anxos Fazáns, ‘As liñas discontinuas’. Producida pola nosa asociada Sétima. O pase celebrouse nos Cines Cantones, en A Coruña, onde o equipo presentou o filme ante o público galego. Xa dispoñible en cines.

“Bea é unha muller de 50 anos que se está separando do seu marido. O día no que ten que abandonar o fogar no que viviu os últimos vinte anos chega a súa casa e atópase todo patas arriba e a un dos ladróns durmido na súa cama. Denís é un chico trans de 28 anos que, a pesar de ter estudado unha carreira, loita coa precariedade laboral e a falta de oportunidades. Despois de pasar tres días xuntos, cada un deberá continuar o seu camino.”
