Arrinca en Ourense a rodaxe de ‘As Augas’, ópera prima de Ledicia Sola producida polas nosas asociadas Maruxiña Film Company e Matriuska Producciones
O paso venres 20 de febreiro arrincou en Muíños (Ourense) a rodaxe de ‘As Augas’, ópera prima da actriz Ledicia Sola que se estrea na dirección cinematográfica. O proxecto está producido polas nosas asociadas Maruxiña Film Company e Matriuska Producciones e narra a historia de Nora, que regresa ao manancial da súa infancia coa espezanda de que as augas lle axuden a curar os seus males.

O reparto está encabezado pola propia Ledicia Sola xunto coas actrices Marta Larralde, Melania Cruz e Lidia Veiga.
