Andrea Vázquez, Silvia Fuentes e Uxía Caride, candidatas finalistas de AGAPI que optan ao Premio Mulleres no Foco 2025

Andrea Vázquez, Silvia Fuentes e Uxía Caride, candidatas finalistas de AGAPI que optan ao Premio Mulleres no Foco 2025

Andrea Vázquez, Silvia Fuentes e Uxía Caride, candidatas finalistas de AGAPI que optan ao Premio Mulleres no Foco 2025

O vindeiro 17 de outubro terá lugar en Pontevedra a entrega de Premios Mulleres no Foco, promovidos pola Deputación en colaboración con CIMA Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais. Uns galardóns que teñen por obxectivo poñer en valor o traballo das profesionais galegas no audiovisual co fin de mudar as cifras de infrarrepresentación actuais das mulleres do sector.

As finalistas que optan a algún dos tres recoñecementos, dotados con 5.000 euros, son: Beatriz Legerén, Inés Colmero, Irene Basanta,Mabel Rivera, Lucía Estévez, Lucía Veiga, Diana Gonçalvez, Alicia Frances, María Roja, Carmen Méndez, Anxos Fazáns, Ángeles Huerta, Sabela Iglesias e Mayka Brañaque. Así como Andrea Vázquez, Silvia Fuentes e Uxía Caride, candidatas de AGAPI Asociación Galega de Produtoras Independentes.

O acto será conducido por Lucía Veiga e contará coa actuación musical de Guadi Galego, acompañada por Margarida Mariño.

Andrea Vázquez é produtora e realizadora, cofundadora de miramemira e unha figura clave no cinema galego actual. A súa traxectoria de proxección internacional inclúe a produción de títulos aclamados como O que arde (2019) e O corno (2023), esta última gañadora da Cuncha de Ouro en San Sebastián. En 2024, a súa contribución ao sector foi recoñecida co Premio Chano Piñeiro do OUFF.

Silvia Fuentes é unha produtora de cinema con formación en Comunicación Audiovisual e Máster en Produción Executiva. En 2018 cofundou a produtora Sétima, enfocada en películas europeas cunha forte autoría. A súa experiencia inclúe roles cruciais como produtora executiva en filmes como Cando toco un animal e xefa de produción en títulos destacados como O corno e Matria.

Uxía Caride é xerente da Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) desde hai máis de doce anos, dedicándose á representación e defensa dos intereses do sector audiovisual. Compaxina este labor coa docencia na USC e cunha forte implicación na xestión cultural galega. Tamén é membro activo da directiva da Asociación Culturgal e de entidades como a Asociación de Mulleres Cineastas (CIMA).

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies