Undodez

Undodez

Undodez



Dirección: Rúa Enrique Mariñas, 32G 2º
15009 A Coruña (A Coruña}
Contacto: Álvaro Pérez Becerra
Teléfono: 881946972
E-mail: ola@undodez.gal
Web: undodez.gal

PROXECTOS:

Na Gloria (2024)
Bibopalula (2023)
Fai tempo (2023)
Bechos (2023)
Nena (2023)
Amigos hasta la muerte (2022)
Catro Gatos (2022)
A Quincena do Apóstol (2022)
Xeosónica (2022)
Origen (2021)
Volver a Empezar (2021)
Deleite A2A2 (2021)



SERVIZOS:

Traballamos na produción de contidos audiovisuais en Galicia. Nacemos no 2012 da man do actor Xosé A. Touriñán, a quen se unen máis adiante os produtores Javi Lopa e Álvaro Pérez Becerra. Ao longo destes anos fomos quen de medrar sen presas, traballando nun xeito de facer na industria moi relacionado coas historias nas que cremos, e por suposto, co público.

Producimos contidos de ficción, de publicidade, e relacionados coa cultura. De diferentes xéneros e en distintos formatos. Exploramos novas formas de facer, a través de produtos transmedia, e da innovación tecnolóxica aplicada aos procesos de produción.

Logo de moitos anos no sector, ofrecemos servizos de produción a outras empresas do sector, así como medios materiais e recursos profesionais para calquera proxecto audiovisual neste país.

Somos irmáns de Ainé, unha das produtoras de artes escénicas máis relevantes de Galicia, con quen compartimos equipos, proxectos e filosofía de traballo.

Servizos:
Os anos de experiencia no sector audiovisual en Galicia leváronnos a coñecer a decenas de empresas e profesionais cos que tivemos ocasión de traballar en moitos proxectos. Establecemos relacións de confianza, que hoxe nos permiten resolver as necesidades das produtoras que rodan os seus traballos no noso país.

– Produción executiva
– Dirección de produción
– Auxiliares e axudantes de produción
– Recursos materiais de produción
– Consultoría en produción audiovisual e financiamento



Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies