Bibopalula
2024 - RematadoAnimación

Asociado: Undodez
Formato: S/N
Duración:
Idioma: Galego
Venta int.: Sí
SINOPSE
‘Bibopalula’ é unha serie musical deseñada para ver múltiples veces por espectadores primeirizos, de ata catro anos. Colorida, divertida e ambientada nun bosque amable, ‘Bibopalula’ componse de historias de cinco minutos protagonizadas por paxaros que teñen un grupo musical e nas que a natureza -e os seus ciclos- ocupa sempre un lugar principal.
Protagonizada pola pega Pegui, o merlo Merli, o paporrubio Robin e o peto Carpin, a serie busca achegar a vida natural próxima a nós ás nenas e nenos que se achegan por vez primeira ao audiovisual. O final felicísimo desta aposta viría cando eses primeiros espectadores recoñeceran a Pegui -ou a outros dos protagonistas das historias- nun parque ou identificasen o cambio das estacións pola chegada das aves que migran.
‘Bibopalula’ contou para a súa produción co apoio da Agadic a través das axudas á Produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos.
EQUIPO TÉCNICO
Idea orixinal: Andrés Mahía
Dirección: Laura Mahía
Guión: Andrés Mahía e Saúl Rivas
Son e Músicas orixinais: Santi Jul e Iván Laxe
Dirección de arte: Laura Mahía
Dirección de animación e rigging: Nacho Laya
Montaxe e animáticas: Lucía Rodríguez e Raúl Parga
Animadores: Laura Blanco, Amanda Janeiro, Jorge ‘Gorka’ Rodríguez, Tatiana Santiago Solla, Lucía Rodríguez e David Deibe
Voces: Iria Lamas, Marta Lado, Laura Mahía, Marita Martínez, Melania Cruz e Xosé A. Touriñán
Dirección de produción: Laura Pazienza Signo
Produción Executiva: Álvaro Pérez Becerra, Javi Lopa, Andrés Mahía e Xosé A. Touriñán
Asesora pedagóxica: Patricia Castrillón
Produción: Elisa Martínez, Laura Canto, Laura Sixto, Miguel Vázquez, Sofía García, Carlos Abal e Pablo Goirigolzarri