Amigos hasta la muerte
2023 - RematadoCinema
Asociado: Undodez
Formato: Longametraxe
Duración: 97
Idioma: Castellano
Venta int.: No
SINOPSE
Javier Veiga debuta como director con esta longametraxe baseada na obra de teatro homónima escrita tamén por el. Protagonizada polo propio Javier, Marta Hazas e Mauricio Ochmann, conta a historia de María, Nacho e Suso, catro amigos que viviron xa, aos seus corenta anos, moitas cousas xuntos. Algunhas destas cousas uníronos moitos e outras separáronos. De súpeto, a vida fai que teñan que enfrontarse á morte anunciada dun deles por causa dunha enfermidade terminal. Pero antes, quedan moitos asuntos por pechar: plans, promesas, risas, reconciliacións, desculpas, lembranzas, máis risas, choros, risas doutra volta, temas pendentes e algún secreto que, pode ser, chegase a hora de contar.
O filme conta ademais coa participación de Luna Gallego, Nacho Nugo e Óscar Allo, que interpretan a María, Nacho e Suso cando tiñan só vinte anos, e algunas colaboracións de caras ben coñecidas polo público, como Xosé A. Touriñán, David Amor, Ledicia Sola, Mela Casal ou Fele Martínez.
‘Amigos hasta la muerte conta’, para a súa produción entre Undodez e Medio Limón, co apoio da Xunta de Galicia, a través da convocatoria de subvencións á atracción de rodaxes, dentro do programa Hub Audiovisual Industria Creativa por medio da Axencia Galega das Industrias Culturais, dotado co Fondo Feder da Unión Europea. Conta así mesmo co apoio da Deputación de Ourense e outras colaboracións e patrocinios de institucións públicas e empresas privadas.
EQUIPO TÉCNICO
Produción: Medio Limón e Undodez
Director: Javier Veiga
Produción executiva: Javier Veiga, Marta Hazas, Álvaro Pérez Becerra, Xosé Manuel Barreira
Guión: Javier Veiga
Intérpretes: Marta Hazas, Mauricio Ochmann, Javier Veiga, Luna Gallego, Nacho Nugo, Óscar Allo, Xosé A. Touriñán, David Amor, Ledicia Sola, Mela Casal e Fele Martínez
Director de fotografía: Miguel P. Gilaberte
Director de arte: Juan Carlos Bilbao
Montaxe: Jani Madrileño
Música: Alfred Tapscott e Xoel López
Dirección de produción: Javi Lopa
Xefe de produción: Miguel Fernández
Maquillaxe: Carmen Porto
Perruquería: Pilar Rodríguez
Vestiario: Raquel Iglesias
Son: Xavi Souto