‘Titan Tofu’ é un proxecto de animación Preschool dirixido e creado por María Luquero. Contará coa produción de Abano Producións (Chelo Loureiro) e UniKo (Iván Miñambres). ‘Titan Tofu’ vén de ser seleccionado entre 268 proxectos como un dos 9 finalistas para participar no Mifa Festival de Annecy dentro do MIFA Pitches.
O Festival Internacional de Cine de Animación de Annecy, creado en 1960 é un dos máis importantes do mundo neste xénero. Máis info.