Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza o vindeiro día 21 de outubro unha xornada de formación en liña dedicada a analizar os aspectos económicos e financeiros dun proxecto audiovisual. Estas xornadas contan co apoio e colaboración da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).
Baixo o título ‘A parte económica dos proxectos’ preténdese poñer o foco en diversas cuestións como as complexidades e retos da coprodución, o control de xestión dos proxectos ou as fontes financieiras. A xornada será de balde e retransmitida en streaming pero precisará dunha inscrición previa. Os/as interesados/as deberán enviar un correo a prensa@agapi.gal antes do 19 de outubro, indicando Nome e apelidos e enderezo electrónico.
PROGRAMA:
11h. Benvida e presentación dos relatores. Felipe Lage, presidente de AGAPI e produtor en Zeitun Films.
11.15h.-11.45h. Como financiar sen perder a mirada do proxecto. Valèrie Delpierre, produtora en Inicia Films.
11.45h.-12.15h. Complexidades e retos das coproducións nacionais e internacionais. Sandra Tapia, produtora en Arcadia Motion Pictures.
12.15h.-12.45h. Control de xestión dos proxectos e das produtoras. Amalia Saavedra, consultora en Olivo Consulting.
12.45h.-13.15h. Study Case: o caso de coprodución do filme ‘O que arde’. Andrea Vázquez, produtora en Miramemira.
13.15h.-13.45h. Preguntas foro. Moderado por Felipe Lage, presidente de AGAPI e produtor en Zeitun Films.