O día 21 de marzo terá lugar a xornada, organizada polo Consello da Cultura Galega ,’Cinema e transición’ no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela).
A xornada terá lugar dentro da 19ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) e consiste en tres mesas de debate que abordan como concepto xeral a Transición e o cinema galego. Os temas principais que se debaterán son o cinema afeccionado e a militancia, a representación da Transición no cinema contemporáneo e o paso do cinema afeccionado á profesionalización do audiovisual. Esta actividade está coordinada por Beli Martínez e Jose Manuel Sande e conta coa colaboración do Cineclube de Compostela.
Xornada Cinema galego e Transición
21 de marzo de 2024 Santiago de Compostela
Sesión da mañá
11:00 horas
Presentación
11:15 horas
Cinema afeccionado e militante da Transición
Modera: Ana Domínguez
Xosé Xoán Cabanas Cao
Antón Caeiro
Xan Gómez Viñas
12:30 horas
Do afeccionado ao profesional
Modera: Marcos Gallego
Manuel Abad
Manolo González
Milagros BaráSesión da tarde
16:30 horas
Representación da Transición no cinema contemporáneo
Modera: Beli Martínez
Eloy Enciso
José Manuel Sande
Coral Piñeiro