CONECTA+ é unha ferramenta para poñer en contacto a creadores/as con proxectos en fase de desenvolvemento con produtoras (tanto galegas como do resto de España e portuguesas) que poidan estar interesadas en levar a cabo eses proxectos.
CONECTA+ nace para xerar un espazo de contacto entre guionistas, profesionais da dirección e produción para construir pontes entre as ideas e o mercado, co obxectivo de fortalecer os proxectos, dotalos de viabilidade económica e promover a construcción de equipos que combinen talento e capacidade de execución.
O X CONECTA + terá lugar o venres 24 de xaneiro, de 16:30 h. a 20:30 h. no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra (Pontevedra), e está organizado, como todos estes anos, por CREA
co patrocinio da Xunta de Galicia, a través de AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e da Fundación SGAE, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, e o apoio de AGAG (Asociación Galega de Guionistas) e AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes).
A maiores, o sábado 25 de xaneiro celebrarase unha sesión de pitch dos proxectos beneficiarios da recente convocatoria de axudas á escritura de guión de Agadic, en 2024.
Podedes inscribir os vosos proxectos ao Conecta+ ata o día 8 de xaneiro ás 23 h. a través do seguinte formulario.
Tedes toda a información na web: https://www.crea.gal/actividade/conecta-2025/