A curtametraxe ‘Ulises’, dirixida por Felix Briel e producida pola empresa asociada a AGAPI Gaita Filmes, ven de ser seleccionada no prestixioso festival de curtametraxes grego Drama International Short Film Festival. O festival e calificador para os Goya da Academia de Cine e os European Film Awards da European Film Academy, entre outros.
Sinopse: Ulises, que sofre un acusado trastorno psicomotor, é coidado polo seu irmán. Un día abandona a casa familiar e decide enterrarse vivo. O seu irmán, desesperado, atópao e convénceo para volver, pero xa non sabe que facer para protexelo.