Os filmes de dúas empresas asociadas a Agapi formarán parte da sección Made In Spain da 71ª Edición do Festival Internacional de Cinema de San Sebastián: ‘Matria’ (Matriuska Producciones), dirixida por Álvaro Gago, e ‘Sica’ (Miramemira), dirixida por Carla Subirana. Esta sección non competitiva integra unha selección de películas, mostra do panorama do cinema español do ano, con producións estreadas ou non en España, ás que o Festival ofrece unha plataforma para a súa difusión internacional. Made in Spain conta con Hispanitas como Patrocinador e con Fundación SGAE como Colaborador.
As sinopses de cada filme son as seguintes:
‘Matria’: Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario nun pobo da costa galega. Fai malabarismos con múltiples traballos para manterse á boia e proporcionar un futuro mellor á súa filla Estrela. Pero cando Estrela está preparada para tomar o seu propio camiño, Ramona dáse conta de que, por primeira vez, pode facer algo por si mesma’
‘Sica’: Sica está obsesionada con que o mar devolva o corpo do seu pai tras un naufraxio na Costa da Morte, Galicia. Mentres percorre os cantís coñece a Suso, ‘o Cazatormentas’, un mozo raro como ela que espera a chegada de Ofelia, a nai de todas as tormentas. Sica investiga as circunstancias do accidente e penétrase nunha dolorosa viaxe de descubrimento. Aos seus ollos, o pobo mariñeiro onde ela creceu, marcado pola brutalidade do seu océano e o crecente desequilibrio da Natureza, xamais volverá ser o mesmo