Tres obras de produtoras asociadas de AGAPI premiadas no 30º Festival Internacional de Cine de Ourense

Tres obras de produtoras asociadas de AGAPI premiadas no 30º Festival Internacional de Cine de Ourense

Tres obras de produtoras asociadas de AGAPI premiadas no 30º Festival Internacional de Cine de Ourense

O talento de #AGAPI ateiga o palmarés da Sección Oficial Panorama Galicia do 30º Festival Internacional de Cine de Ourense. Varias obras das nosas produtoras asociadas foron galardonadas na cidade termal.

San Simón, ópera prima de Miguel Ángel Delgado, e producida pola nosa asociada miramemira, fíxose coa Calpurnia á Mellor Película. Tras esgotar todas as localidades no Festival de San Sebastián, a película conseguiu facer o mesmo no OUFF, na que foi a súa primeira proxección en Galicia. Unha sesión ateigada de emoción. O director declarou ao recibir o galardón que: “con este premio sentímonos afortunados porque San Simón poida elevar su canto á memoria e á liberdade”. O filme chegará aos cines o vindeiro 24 de outubro.

O Premio ao Mellor Guión foi para Lucía Dapena e Liliana Díaz por O silencio heredado, filme producido por Gaitafilmes.

Finalmente, AISGE concedeu o seu Premio á Mellor Interpretación a Lucía Veiga, por Mi ilustrísimo amigo. Película dirixida por Paula Cons e producida por Agallas Films

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies