AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) acordou en 2021 crear o Premio de Honra Dolores Ben para manter viva a súa memoria e recoñecer as persoas e institucións que encarnan os valores de loita e defensa do ben común que ela mesma representaba.
Dolores Ben foi presidenta da Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) entre os anos 2007 e 2019, dando exemplo de traballo e integridade. Muller rexa, loitadora e imprescindíbel no panorama cultural galego e estatal, contribuíu coa súa dedicación e esforzo a construír un horizonte sólido de futuro audiovisual.
A Asociación quere distinguir nesta IV edición o labor e persoa da produtora executiva Fernanda del Nido.

En 2006, fundou TIC TAC PRODUCCIONES na Coruña, onde produciu longametraxes como ’18 Comidas’, Polvo’ e ‘Tralas luces’, ‘¿Qué culpa tiene el tomate’ (estreada no MOMA) e ‘Agua fría de mar’ (premiada no Festival de Rotterdam). Tamén participou na produción executiva de documentais e proxectos audiovisuais para exposicións.
En 2014, crea en Barcelona unha nova produtora, SETEMBRO CINE. Desde aquí, participa en proxectos de gran renome internacional como ‘Una mujer fantástica’, (Óscar á mellor película de fala non inglesa), e ‘Neruda’, (nomeada aos Globos de Ouro). Tamén coproduciu filmes como ‘La boda de Rosa’ e ‘Objetos’.
Dentro dos seus últimos proxectos descata a producción en 2024 de ‘El llanto’, Premio Concha de Plata Festival de San Sebastián. Así como ‘La llegada del hijo’, estrenada no pasado Festival de San Sebastián e Premio a Mellor película arxentina en Mar del Plata FF. Actualmente atópase mergullada na producción de ‘A Nadadora’ da directora galega Sandra Sánchez.
A entrega do galardón terá lugar o vindeiro día 8 de outubro en Cinemar Films ás 19h, estudio cinematográfico de son fundado por Dolores Ben no ano 2006, situado no polígono de Novo Milladoiro, moi preto de Santiago de Compostela.
Ata o momento foron premiadas en edicións anteriores a poetisa e xornalista cultural Ana Romaní (I Premio Dolores Ben), a xornalista Tareixa Navaza (II Premio Dolores Ben) e a tradutora e lingüista Rosa Moledo (III Premio Dolores Ben).