A produción independente española aposta por fortalecer a súa posición no ecosistema audiovisual

A produción independente española aposta por fortalecer a súa posición no ecosistema audiovisual

A produción independente española aposta por fortalecer a súa posición no ecosistema audiovisual

O sector aborda os retos da produción independente cunha visión estratéxica e de futuro. A situación actual presenta oportunidades na mellora dos incentivos fiscais, as sinerxías entre as diferentes Comunidades Autónomas e os novos desafíos que nos traen os marcos regulatorios e a IA.

Durante tres días, no marco da 30ª edición do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), as principais federacións e asociacións de produtores independentes analizaron no III Encontro de Produtoras Audiovisuais (PAP) o panorama actual e debateron posibles liñas de mellor para ICAA, RTVE e FORTA. Estas son as súas conclusións:

Sen dúbida, unha das preocupacións principais é a perda gradual de peso do produtor independente na negociación con televisións e plataformas, o que supón un reto para a sostenibilidade do modelo e a diversidade cultural que este sector garante.

O produtor debe ser recoñecido como unha peza clave e baluarte fundamental do sistema audiovisual, responsable non só de impulsar e desenvolver proxectos, senón tamén de garantir a súa viabilidade artística, cultural e económica. Sen a súa labor, as obras que conforman o patrimonio cinematográfico e audiovisual español non existirían.

En materia fiscal, o sector segue á espera de melloras nos incentivos fiscais aplicables no territorio de réxime común, co fin de aumentar o seu alcance e asegurar o seu correcto funcionamento.

Respecto ao proxecto da Lei do Cine e da Cultura Audiovisual, desde PAP constátase que a súa aprobación está paralizada e que, incluso no caso de que se reactivase, a lei xa nacería obsoleta, incapaz de responder á rapidez coa que evoluciona o sector audiovisual. As transformacións tecnolóxicas, industriais e culturais actuais demandan un marco normativo máis ambicioso e plenamente adaptado ás realidades contemporáneas.

Por último, a pesar dos desafíos, as produtoras independentes manteñen o seu compromiso de traballo coordinado e unido, defendendo un modelo audiovisual que sitúe a cultura e a creación no centro, e garante a pluralidade e diversidade que caracterizan ao sector.

SOBRE PAP

A Plataforma PAP, que representa a máis do 90% da produción independente española, está formada por máis de 700 empresas distribuidas por todo o territorio nacional e agrupadas nas seguintes entidades:

  • AECINE: Asociación Estatal de Produtoras de Cine Independente.
  • DIBOOS: Federación Española de Produtoras de Animación e Efectos Visuais.
  • PIAF-MAPA: Federación territorial composta por 15 asociacións autonómicas, entre elas AGAPI, anfitriona do encontro.
  • PROA: Federación de asociacións de produtoras estatais, con 7 entidades membro (5 sectoriais e 2 territoriais).
  • PROFILM: Asociación de produtoras que prestan servizos a rodaxes internacionais en España.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies