A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) organiza o I Obradoiro – residencia dedicado á creación de series de TV. SERIGRAMA está dirixido a guionistas profesionais residentes en territorio español que estean desenvolvendo un proxecto de serie de ficción.
Os proxectos poden presentarse tanto en galego, como en español. Cada guionista poderá presentar un máximo de 2 proxectos, aínda que só será seleccionado un proxecto por persoa. O obradoiro-residencia terá carácter presencial e será impartido polo recoñecido guionista Alberto Marini. O obradoiro-residencia terá lugar a fin de semana do 27 e 28 de abril de 2019. O Seriegrama de AGAG cubrirá os gastos de aloxamento e manutención dos participantes, que se aloxarán nunha casa rural na contorna de Santiago de Compostela. Non se cubrirán os gastos de desprazamento.