A segunda sesión do Seminario explora as fronteiras físicas, imaxinarias e culturais vencelladas ao xénero e faino o dende cinema como medio para encaralas. Desta volta, colabora coa Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) complementando o ciclo que, baixo o mesmo título, Muller nas Estremas, proxecta do 26 ao 28 de marzo unha serie de filmes sobre a figura da muller como viaxeira, migrante ou exiliada, que exploran a(s) fronteira(s) como lindes á súa mobilidade física e simbólica.
Programa:
16:30 Recepción e presentación. Margarita Ledo Andión e Marta Pérez Pereiro (Universidade de Santiago de Compostela).
16:45 Unha cámara só para ela: A construción de identidades a través do cinema Ana Catarina Pereira. (Universidade da Beira Interior, investigadora do centro LabCom.IFP e xornalista).
18:00 Pausa.
18:15 Soft monies/ Hard realities: xénero, tecnoloxía e fronteira nos vídeo-ensaios de Ursula Biemann Elena Oroz. (Universidad Carlos III de Madrid, Centro TAI da Universidad Rey Juan Carlos, crítica cinematográfica e programadora).
19:30 Fin da sesión.
Máis información aquí.