Ramiro Ledo: “O primeiro triunfo de Numax xa foi abrir”

Ramiro Ledo: “O primeiro triunfo de Numax xa foi abrir”

Con apenas 4 anos de vida, Numax converteuse en punto de encontro crave para o cinema galego e europeo. Son un cinema, unha librería e un laboratorio de deseño, comunicación e produción audiovisual, pero son sobre todo un grupo de 14 persoas que desde os seus diferentes ámbitos profesionais e experiencias decidiron unir forzas para crear este espazo onde o cinema é o claro protagonista.

Buscar un espazo similar dentro do territorio nacional é difícil por non dicir imposible, cando falamos con Ramiro Ledo cóntanos que as súas referencias á hora de crear esta cooperativa e espazo veñen de fóra, salas como o Cinema Concorde na Roche-sur- Yon (Francia) ou, Metrograph e Anthology Film Arquives en New York.

“Desde que abrimos, o primeiro triunfo foi abrir” afirma Ledo, xa que para conseguir sacar adiante un proxecto tan ambicioso como isto fixeron falta moitas horas de traballo e 200 avais. Outro punto importante na súa traxectoria como exhibidores, é converterse na primeira sala de Galicia que forma parte de Europa Cinemas, unha rede creada en 1992 coa intención de dar visibilidade en salas ao cinema europeo e, hoxe en día esta rede está presente en 50 países con 3000 pantallas. Formar parte disto supón unha axuda importante para un proxecto interdisciplinar como é Numax.

Cunha única sala, Numax é o único espazo privado en Galicia onde exhiben sempre en versión orixinal. Na súa programación tentan achegarse a un público amplo, combinando estreas semanais de cinema independente con películas de distribuidoras pequenas que moitas veces só chegan a ser vistas en festivais, e desta maneira poden chegar a un público máis amplo. Ademais, entre a súa programación atopámonos con retrospectivas dos grandes da historia do cinema como Ingmar Bergman ou Pier Paolo Pasolini, ou as sesións “Petís Numax” destinada aos máis pequenos.

Pero Numax é moito máis que un sala de cinema, a súa librería é unha das súas caras máis visibles, e desde o Laboratorio de deseño de comunicación e produción audiovisual traballan para clientes moi diversos. Ademais como unha unidade independente que naceu desta cooperativa está tamén a distribuidora, que conta na súa portafolio con títulos como a recentemente premiada en Cannes O que arde de Oliver Laxe ou A portuguesa de Rita Azevedo Gomes.

Retos para o futuro? En palabras de Ramiro Ledo, “sobrevivir e seguir traballando nas condicións máis dignas posibles”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies