Son Soñiños
2025 - En desenvolvementoAnimación
Asociado: H501
Formato: Outro
Duración: 7
Idioma: Galego
Venta int.: Sí
SINOPSE
A Curuxa Maruxa está namorada, namorada de todos os contos e historias que imaxinamos. Por iso non hai nada máis triste para ela que pensar que polas mañás os nenos e nenas esquecen as fantásticas historias que soñan pola noite. Así que un día a Curuxa Maruxa asumiu unha misión: a de gardar e difundir esas historias imaxinadas para que non caian no esquecemento. Agora cada noite ela voa ata as nosas fiestras para ser espectadora dos nosos soños e así despois poder contárnolos.
En cada episodio de Son Soñiños a Curuxa Maruxa convídanos a un mundo diferente, ós soños que foi gardando na súa mochila para man telos vivos e para que desfrutemos véndoos pero, sobre todo, escoitándoos.
EQUIPO ARTÍSTICO
Dirección e guión: Miguel Casaseca
Productores: Laura Pazienza
Arte: Suenaon
OBSERVACIÓNS
Proxecto seleccionado na IV edición de Agapi Impulsa Copros