Marzo 68
2026 - En produciónS/N
Asociado: Aqueladas Cooperativa
Formato: Contidos interactivos
Duración: 30
Idioma: Galego
Venta int.: No
SINOPSE
Antes de maio, foi marzo. No curso 67-68, como cume dun clima de tensión e mobilizacións previas, máis de mil estudantes protagonizaron un feche pacífico no edificio central da Universidade de Santiago de Compostela, desaloxado ao terceiro día pola Policía Armada. Entre a novela visual e o documental ficcionado, ‘Marzo 68’ recrea estes feitos, permitindo á audiencia decidir que papel xoga na historia.