Familia de oficio (T1)
2013 - RematadoTV
Asociado: Nós, Produtora Cinematográfica Galega
Formato: Outro
Duración: 13x60
Idioma: Galego
Venta int.: No
SINOPSE
Hai familias en que o saber facer se transmite de xeración en xeración e o mesmo oficio vai pasando de pais a fillos e perfeccionándose co tempo. Trátase moitas veces de traballos que están a piques de desaparecer e, noutros casos, as novas xeracións combinan a sabedoría da tradición coa calidade da innovación.
Achegarse á figura da familia como alianza e lugar de coñecemento, é o obxectivo do programa, realizado por Nós, Produtora Cinematográfica Galega e dirixido por Xosé Luís Ledo.
Cada capítulo conta a historia dunha familia onde distintas xeracións conviven no coñecemento e aplicación dun oficio. Músicos, restauradores, oleiros, palilleiras, polbeiras, ferreiros, zapateiros e outros oficios de diferentes sectores amosarán a través de diferentes personaxes o día a día do noso país. As familias protagonistas de cada semana falarán sobre o seu traballo, contarán anécdotas e explicarán os cambios que o seu oficio sufriu co devir do tempo.
OBSERVACIÓNS
Serie documental de 13 capítulos producido para TVG, dirixida por Xosé Luís Ledo e guión de Olaia Ledo Díaz.