Costa da morte
2013 - RematadoDocumentales
Asociado: Zeitun Films
Formato: Longametraxe
Duración: 81
Idioma: Galego
Venta int.: Sí
SINOPSE
A Costa da Morte é unha rexión de Galicia que foi considerada o fin do mundo durante o Imperio Romano. O seu dramático nome provén dos numerosos naufraxios que sucederon ao longo da historia nesta área feita de rochas, brétemas e temporais. Atravesamos esta terra observando as persoas que a habitan: pescadores, mariscadores, madeireiros…
Somos testemuñas do traballo que realizan, co cal manteñen á vez unha relación íntima e unha batalla antagónica coa inmensidade do territorio. O vento, a pedra, o mar, o lume, son personaxes neste filme, e a través deles achegámonos ao misterio que supón a paisaxe, entendida como unha unidade xunto ao home, a historia e o mito.
Notas do director: A Costa da Morte foi para min un lugar mítico antes ca real, que foi tomando forma devagar a través das palabras que me ían chegando sobre ela. O que máis me inquietaba deste lugar extremo era a súa vinculación coa idea de fin e de morte. O seu historial de naufraxios dáballe unha aura perigosa e enigmática.
No filme quixen transmitir o relato oral dos seus habitantes, onde se funden a historia e a lenda, coma un eco mítico que reverbera no espazo. As súas voces permítennos descubrir novos estratos da paisaxe, construír o imaxinario colectivo asociado ao territorio e situarnos nun espazo atemporal.
A través dunha dobre distancia perceptiva con respecto á figura humana (afastada na imaxe, próxima no son) buscaba poñer en relación a inmensidade do espazo natural coa experiencia íntima das persoas. E deste xeito, desde a contemplación profunda da imaxe, podérmonos diluír no todo, expandírmonos, desaparecermos na paisaxe da Costa da Morte.
Premio ao Mellor Director Emerxente no Locarno Film Festival (Suíza, 2013).
Hamburg Film Festival (Alemaña), Vancouver Film Festival (Canadá), New York Film Festival (EE.UU.), Nouveau Cinema Montreal (Canadá), Valdivia (Chile) Mención especial do xurado, La Roche Sur Yon (Francia), Jihlava IDFF (República Checa), Viennale (Austria), Festival de Cali (Colombia), Festival de Cine Europeo de Sevilla, Pachamama (Brasil), Pravo Ljudski (Sarajevo, Bosnia-Herzegovina), Cineuropa Santiago de Compostela.
EQUIPO TÉCNICO
Fotografía: Lois Patiño, Colaboración: Carla Andrade, Montaxe: Lois Patiño, Colaboración na montaxe: Pablo Gil Rituerto, Son: Miguel Calvo Maiki, Erik T. Jenden, Música: Ann Deveria, Produtores: Martin Pawley, Felipe Lage Coro.
OBSERVACIÓNS