Carreteras secundarias
2024 - RematadoS/N

Asociado: Undodez
Formato: Contidos interactivos
Duración:
Idioma: Galego
Venta int.: No
EQUIPO ARTÍSTICO
Dirección: Andrés Mahía
Guión: Andrés Mahía e Saúl Rivas
Músicas e postprodución de son: Santi Jul e Iván Laxe
Locución: Marita Martínez e Roi Cundíns
Deseño: Laura Mahía
Fotografía: Aigi Boga
Produción Executiva: Javi Lopa, Álvaro Pérez Becerra
Produción: Laura Canto e Laura Pazienza
Produción dixital: Pilar Mera e Bjäland
OBSERVACIÓNS
Carreteras secundarias é un compañeiro de viaxe. Un asistente virtual que aproveita a tecnoloxía para proporcionarnos información sobre o territorio que atravesamos. Os nomes das montañas e a súa orixe xeolóxica, a especie de cereal e os seus calendarios, os estilos das igrexas e os monumentos, os momentos máis destacados da historia -grande ou pequena- da aldea que se albisca no horizonte ou da vila que atravesa a estrada.
Cando viaxamos dun lugar a outro, cruzamos con frecuencia un territorio que non coñecemos en profundidade, un territorio que suscita preguntas, curiosidade. ‘Carreteras secundarias’ é a resposta divertida, amena e lixeira, a todas esas preguntas.
Pero é algo máis.
Dispoñible a través da web e nas apps para Android e iOS, ‘Carreteras Secundarias’ xa está operativo para o tramo da N-634 comprendido entre Mondoñedo e Ribadeo. Este proxecto foi beneficiario das Axudas para a promoción do sector do videoxogo, do podcast e outras formas de creación dixital, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e, para a súa realización, conta co apoio do Ministerio de Cultura.