Pre-estrea da longametraxe documental Behind Lucy (A Viaxe de Lucy), producida por Somadrome

Pre-estrea da longametraxe documental Behind Lucy (A Viaxe de Lucy), producida por Somadrome

A produtora galega Somadrome pre-estrea este xoves 11 de maio ás 20h no Auditorio Fontán da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, unha longametraxe documental que se adentra na trastenda dunha gran misión espacial da NASA e amosa o lado máis humano e persoal dos seus protagonistas.

“Behind Lucy” conta coa coprodución de Televisión Española, Televisión de Galicia e Curiosity Stream, -unha plataforma SVOD líder en documentais con máis de 20 millóns de subscritores en todo o mundo-, está participado por AMC Network Iberia e recibiu o apoio de AGADIC. Este documental triunfou en importantes mercados de coprodución como o MIPDoc de Cannes e o Sunny Side of the Doc como Mellor Pitch de Proxecto e foi invitado a participar no prestixioso foro M:brane en Suecia.

O documental ofrece un achegamento inédito á trastenda dun ambicioso proxecto científico, a misión Lucy da NASA, a través das experiencias personais e íntimas dos catro líderes da misión, o que axudará a derrubar clichés sobre o mundo da ciencia e dos científicos, e servirá de inspiración para ás xeracións máis novas, especialmente as mozas, que aínda hoxe carecen de referentes no eido da ciencia.

A súa directora, Ruth Chao, contou cun acceso excepcional a todo o proceso de deseño, desenvolvemento e construción da sonda espacial Lucy ao longo de tres anos, ata o seu lanzamento en Cabo Cañaveral en outubro de 2021. En palabras da propia directora: “Foi unha oportunidade única de retratar o “entre bastidores” dunha misión da NASA e, en concreto, de retratar ás persoas que fan posibles estas epopeas”.

A pre-estrea de “Behind Lucy” contará co divulgador científico e xornalista galego Javier Pedreira (Wicho) que exercerá de mestre de cerimonias. Tamén participará de xeito virtual Pedro Duque, ex-ministro de Ciencia e Tecnoloxía e ex astronauta, así como con representantes de AGADIC, Televisión Española e Televisión de Galicia.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies