Paula Cons inicia a rodaxe do filme O SANTA ISABEL con Nerea Barros, Darío Grandinetti e Aitor Luna

Paula Cons inicia a rodaxe do filme O SANTA ISABEL con Nerea Barros, Darío Grandinetti e Aitor Luna

Varias localizacións galegas acollerán a partir de hoxe luns e durante seis semanas a rodaxe de O SANTA ISABEL, película da directora Paula Cons inspirada no naufraxio deste vapor transatlántico fronte á illa de Sálvora en 1921. Agallas Films encabeza esta coprodución con Arxentina e País Vasco.

O SANTA ISABEL desenvólvese como unha coprodución internacional entre a empresa galega Agallas Film, a arxentina Aleph Cine e a vasca Historias del Tío Luis, coa participación de RTVE, TVG e ETB. Ademais da subvención da Xunta, o filme recibiu tamén apoios do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) do Goberno de España, do Goberno Vasco, do Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales (INCAA) arxentino e do programa internacional Ibermedia. O proxecto foi finalista no Foro EGEDA/FIPCA celebrado no marco dos Premios Platino e seleccionado para participar no SantiagoLab Cruzando Fronteiras do Festival de Cine de Santiago de Chile.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies