O programa de asesoría personalizada de proxectos AGAPI IMPULSA COPROS abre a convocatoria da súa 5ª edición ata o vindeiro 10 de xuño
Agapi presenta a convocatoria para a V Edición de AGAPI IMPULSA COPROS, o noso programa gratuíto de asesoría personalizada para mellorar e orientar no seu financiamento proxectos de coprodución para cinema e televisión.
AGAPI IMPULSA COPROS está dirixido a creadores e creadoras menores de 30 anos que teñan entre mans un proxecto orixinal, de longametraxe ou serie, de ficción, animación ou documental, en galego ou castelán, para cine ou televisión. Os proxectos ou as persoas candidatas deben ter un vínculo demostrable con Galicia ou a cultura galega.
A convocatoria para presentar proxectos estará aberta desde o 27 de maio ata 10 de xuño de 2026 ás 23:59 horas.
Un comité de tres produtoras executivas seleccionará un total de 5 proxectos para que durante os meses de xuño a setembro formen parte dun programa de mentorización progresiva, no que se tratarán temas como orzamento, plan de financiamento, plan de rodaxe, dossier e pitching.
As bases de participación xa están dispoñibles.
