O novo cine impresionista de vangarda será o eixo central da sétima edición da mostra (S8), que se desenvolverá na Coruña do 1 ao 5 de xuño

O novo cine impresionista de vangarda será o eixo central da sétima edición da mostra (S8), que se desenvolverá na Coruña do 1 ao 5 de xuño

A (S8) Mostra de Cinema Periférico, un dos seis festivais audiovisuais subvencionados este ano pola Agadic, avanzou algúns dos eixos da súa 7ª edición, que se desenvolverá do 1 ao 5 de xuño na Coruña e que, baixo o nome de Os novos impresionistas, reunirá cineastas como o canadense Stephen Broomer e o francés Jacques Perconte.

Este último, recoñecido artista do ‘glitch’, presentará no marco desta programación especial unha ‘performance’ con música en directo e unha exposición da súa obra. Así mesmo, a mostra ofreceralles aos espectadores unha panorámica que inclúe os novos traballos de artistas internacionais ao redor da idea do impresionismo no cinema e un programa histórico dedicado á cineasta, teórica e crítica Germaine Dulac. A sétima edición do festival comezará cun cinema-concerto a modo de gala inaugural o 30 de maio no Teatro Rosalía Castro (A Coruña) e no que se poderá ver a copia restaurada de ‘O acoirazado Potemkin’. A proxección da obra mestra de Sergei M. Eisenstein e pedra angular da modernidade da montaxe cinematográfica será sonorizada en directo polo estadounidense Chris Jarrett, autor dunha partitura orixinal inspirada na película. Na antesala do encontro, o fin de semana do 28 e 29 de maio, o cineasta galego Miguel Mariño impartirá na Fundación Luis Seoane, dentro da sección Mini(S8), o taller ‘Fabricación de proxectores caseiros’.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies