O filme ‘O Corno’ de Jaione Camborda (Esnatu Zinema) ven de acadar a Cuncha de Ouro no festival de San Sebastián. Jaione Camborda fixo historia por partida dobre. Converteuse na primeira muller española en gañar a Cuncha de Ouro (algo que non sucedera nas 71 edicións), e é tamén a primeira película en conseguir o galardón nunha lingua oficial diferente ao castelán.
O filme xa estivo na sección oficial do TIFF (Toronto International Film Festival), estreouse en Galicia como filme inaugural da XX Edición do Curtocircuito (cunha grande ovación do público) e participará no BIF London Film Festival, entre outros.
Sinopse: lla de Arousa, 1971. María é unha muller que se gaña a vida recollendo marisco. Tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres no parto con especial dedicación e coidado. Tras un suceso inesperado, vese obrigada a fuxir e emprende unha perigosa viaxe que lle fará loitar pola súa supervivencia. En busca da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha dos roteiros de contrabandistas entre Galicia e Portugal.