A nosa asociada Portocabo ven de ser galardoada co Premio da Cultura Galega 2023 na categoría de Audiovisual. Estes son os motivos que levaron ao xurado a outorgarlles esta distinción:
“Nada en 2010 na Coruña da man do seu director, Alfonso Blanco (“Fosco”), tense consagrado como unha das principais produtoras audiovisuais de Galicia, co favor de crítica e público e sempre apoiándose na innovación para anticiparse ás tendencias de mercado. O seu director foi recoñecido como un dos 50 líderes máis influentes do audiovisual iberoamericano pola prensa especializada e o primeiro galego membro da Academy Emmy International Awards. Outra das liñas de traballo máis relevantes de Portocabo é a coprodución, tanto nacional coma internacional. Proxectos seus inclúen Rapa, Hierro ou Os Fillos do Sol, entre outros“.
Parabéns, por moitos anos mais de éxitos camiñando xuntas!