Nación , filme dirixido pola cineasta Margarita Ledo e producido por Nós, Produtora Cinematográfica Galega, continúa a súa andaina agora nas plataformas dixitais “seguiremos en diferentes salas e festivais da man da distribuídora L´Atalante mais agora poderá verse desde as nosas casa en V.O.G. subtitulada desde a plataforma filmin. Desde a produtora non podemos estar máis ledos coa nova e animamos a quen non chegou a tempo ao cine aproveite agora esta oportunidade” indican desde a produtora.
Nación, filme de non ficción que recibiu o premio á mellor dirección española no prestixioso Festival de Sevilla ou o Mestre Mateo ao mellor documental, estivo catro semanas seguidas en carteleiras nos cinemas e foi quen de proxectarse en festivais de latinoamérica, o festival de Toulouse, percorrer toda a península ou estar no Reino Unido. Agora, chega ás plataformas dixitais a través de Filmin o 4 de febreiro.