Mónica López álzase co Premio Forqué pola súa interpretación en ‘Rapa’

Mónica López álzase co Premio Forqué pola súa interpretación en ‘Rapa’

Mónica López levou o Premio Forqué á mellor interpretación feminina polo seu papel na serie ‘Rapa’, producida por Portocabo.

A XXVIII edición dos Premios Forqué, que se celebraron na noite do pasado sábado, recoñeceu o traballo de López na serie filmada en Ferrol e comarca, que terminou esta mesma semana a gravación da súa segunda tempada. A actriz non puido acudir á entrega do premio porque se atopaba traballando nunha obra de teatro.

‘As bestas’ fíxose co premio á mellor película e o seu protagonista, Denis Ménochet, alzouse co galardón á mellor interpretación masculina. Laia Costa gañou o premio á mellor interpretación feminina en cinema polo seu papel en ‘Cinco lobitos’

A serie ‘Rapa’ foi finalista nas categorías de Mellor Serie, Mellor Interpretación Feminina e Mellor Interpretación Masculina.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies