O traballo de Ignacio Vilar e Ermel Morales vai na procura de que as e os participantes adquiran ferramentas no contexto da dirección e interpretación para películas e series. Para este obxectivo, collen de exemplo determinados estilos artísticos e técnicos que debuxan o seu Mapa de Dirección Actoral, unha guía para facer consciente a aprendizaxe.
O curso ofrécese na delegación de AISGE entre os días luns 2 ata venres 6 de maio, con 30 horas lectivas en horario de mañá e tarde.
O método de traballo do Mapa de Dirección Actoral localiza los factores chave que inflúen na dirección e na interpretación. Por un lado está a CONSTRUCIÓN e por outro a MECÁNICA.