Comunicado conxunto de Federacións e Asociacións coa valoración da votación da nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual

Comunicado conxunto de Federacións e Asociacións coa valoración da votación da nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual

TODAS AS ASOCIACIÓNS E FEDERACIÓNS DE PRODUTORES INDEPENDENTES DE ESPAÑA

Trala votación de onte á Lei Xeral de Comunicación Audiovisual no Congreso

NON É UNHA LEI DE CONSENSO CANDO TODO O SECTOR ASINOU UN MANIFESTO EN CONTRA

UNHA LEI QUE PON A CREACIÓN AUDIOVISUAL EN MANS DOS DOUS GRUPOS MEDIÁTICOS AUDIOVISUAIS CREANDO GRAVES DESEQUILIBRIOS

Onte consumouse a ameaza que pendía sobre o sector da produción independente coa aprobación por parte do congreso dos deputados da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual. Esta lei reconfirma que os contidos que se produzan neste país estarán maioritariamente en mans dos dous grupos mediáticos audiovisuais, que tiveron a capacidade de influencia no goberno e nunha parte da oposición, necesaria para aprobala.

Desde os informativos, ata as series, desde as películas ata os magazines, nas súas 14 canles de televisión ou nas plataformas de streaming, nas televisións públicas e nos medios dixitais, non haberá xanela ou contido que non dependa deles, non haberá goberno ou oposición que se atreva a facerlles fronte.

Unha lei que nace de costas ao sector para a que di estar a traballar, e que, con todo, asinou de maneira masiva un manifesto pedindo a paralización desta medida que poñerá fin á diversidade cultural do noso país e a unha industria de contidos audiovisuais diversa e plural. E unha lei, que non contenta a ninguén pois nace tamén sen o consenso do propio goberno, contabilizando as abstencións tanto dos seus socios, Unidas Podemos, como do PP, principal grupo da oposición e os “nons” dalgúns dos grupos que manteñen o equilibrio da lexislatura.

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es Captura-de-pantalla-2022-05-24-a-las-10.48.13.png

A creación plural de contidos desde as empresas de produción independente é un reflexo da diversidade de opinión, de localización xeográfica, de credo, de xénero, de lingua e de forma de pensar. O desenvolvemento empresarial desde un tecido diverso en tamaño e capacidade, no que o talento e o traballo sexan o que fagan a diferenza, queda substituído por un modelo no que moi poucos con moito poder deciden o que ven moitos, nada menos que catro horas ao día. A gran oportunidade de desenvolvemento deste sector, conseguindo o crecemento desde a iniciativa empresarial diversa e plural, substitúese por un modelo dependente de grandes corporacións, que deciden o que vemos e polo visto que leis temos, debido a que son capaces de influír en como votamos.

Hoxe o Duopolio televisivo conseguiu que se poñan por primeira vez ao servizo dos seus intereses, simultaneamente o goberno do partido socialista e o primeiro partido da oposición, o partido popular, para perpetuar os privilexios destas corporacións en contra dos intereses de todos os que queren poder elixir que televisión e cinema ven, e tamén contra os dos cidadáns que lles votaron.

En definitiva, unha lei que crea graves desequilibrios en lugar de palialos, inclinando a balanza sobre uns poucos elixidos, fronte a unha maioría de traballadores e pequenos empresarios que o arriscan todo en cada proxecto.

Afastámonos do modelo europeo de separación dos emisores dos produtores independentes, e impedimos que as produtoras españolas crezan internacionalmente. É un día triste para os que cremos que elixir o que vemos tamén é democracia.

Agradecemos a aqueles partidos que apoiaron as nosas reivindicacións e votaron en contra desta lei e aos que tentaron cambiala sen éxito.

Esperamos que esta situación se corrixa no senado e noutros corpos lexislativos pendentes de completar. Estamos abertos ao diálogo, porque non falamos só de industria e postos de traballo, falamos de que modelo de sociedade queremos, de ata que punto os nosos gobernos e institucións están condicionados por uns operadores de televisión cuxa licencia para influír foi concedida polo propio estado.

Propoñemos unha lexislación por un sector audiovisual, que nos represente a todos e que permita facer crecer unha industria de futuro.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies