Illa Bufarda

Illa Bufarda

Illa Bufarda



Dirección: Avda. Rodríguez de Viguri, 6, 1º
15703 Santiago de Compostela (A Coruña}
Contacto: Adriana
Teléfono: 693596074
E-mail: info@illabufarda.gal
Web: https://www.illabufarda.gal/

PROXECTOS:

BREVE FILMOGRAFÍA (2012-2021)
Negro Púrpura (2021)
•“Vía Rosalía” (programa de televisión, 2021) para Nós Televisión.
S.E.X. (2020)
•“O latexo do tempo humano” (mediametraxe, 2019) para María Martín Seijo (USC).
•“Muiñeira floreada” (videoclip, 2019) para o tema homónimo do álbum “Fuliada na Vila” de
Richi Casás, producido e editado por aCentral Folque.
•“Inventario de Vespoideas”(programa de televisión, 2019) para Nós Televisión.
•“Aberto e con Fume” (mediametraxe documental, 2017) para Comunidade de Montes de
Tameiga e CSCD As Pedriñas.
•“Patrimonio Habitado” (mediametraxe documental, 2016) para a Reserva da Biosfera
Transfronteiriza Gerês-Xurés.
•“Fíos Fóra” (longamentraxe documental, 2015) para Amarante Setem.
•“Xela e a Palabra” (curtametraxe documental, 2014) para Consello da Cultura Galega.
•“Olladas sobre o Museo do Pobo Galego: animación fotograma a fotograma” (instalación
audiovisual, 2013) para Museo do Pobo Galego.
•“Isaac, o editor da memoria” (curtametraxe documental, 2012) para a Asociación Galega
de Editoras.

OUTROS PROXECTOS:
· Youtubeiras (xestión cultural, creación de contidos e campaña promocional, 2017 – 2021)
· Alingua (campaña promocional, 2021)
· “Português, amor à primeira vista” (campaña promocional para a asociación Docentes de
Português na Galiza)



SERVIZOS:

SERVIZOS:
· Creación audiovisual (tódolos procesos dende a idea á postprodución) ·
· Fotografía ·
· Animación (stop-motion e 2D dixital) ·
· Motion graphics ·
· Deseño gráfico ·
· Publicidade ·
· Formación ·



CURRICULUM:

Illa Bufarda nace no ano 2012 como un proxecto cultural, sensible e comprometido coa promoción e a divulgación da cultura dende un eido ben definido: a linguaxe audiovisual. Adriana Pérez Villanueva e Sabela Iglesias Reviejo crean esta produtora creativa á que se incorpora Pilar Fernández Abades en 2019. As tres son licenciadas en comunicación audiovisual e especializadas en animación, deseño e fotografía respectivamente.

Dende que emerxeu das augas, Illa Bufarda, concibiuse coma un lugar para a creación no que o traballo orixinal, imaxinativo e de calidade forma parte das actividades cotiás. Illa Bufarda non é unha illa convencional, a súa superficie medra co paso dos días agromando con novas ideas e proxectos.

As Bufardas son pequenas xaneliñas das tradicionais construcións galegas polas que se filtran os raios de luz. Mirando por elas podemos ver e encadrar historias, imaxes, paisaxes, debuxos e realidades para logo proxectalas fóra da Illa.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies