Henfunk Studio
Dirección: Lugar Covas núm. 17
15165 Bergondo (A Coruña}
Contacto: José Pico
Teléfono: 629434501
E-mail: hola@henfunkstudio.com
Web: henfunkstudio.com
PROXECTOS:
Galiworld (2025)
A Nosa Movida (2025)
Pulp Air (2024)
Ya lo Haré Más Tarde (2024)
Segunda II (2024)
Lique (2022)
CURRICULUM:
Henfunk é un estudio creativo especializado en produción audiovisual para medios dixitais, cinema e televisión. Fundado en 2022, ao longo da súa traxectoria traballou para marcas como Estrella Galicia, Rías Baixas, Central Lechera Asturiana ou a Xunta de Galicia, compaxinando a publicidade coa súa inclinación natural cara á ficción.
Destacan curtametraxes como Segunda II (PlayDoc, Cineuropa, FICBUEU), Lique (Shorts from Galicia 22) ou a serie dixital Pulp Air, rodada en galego e estreada en festivais de máis de 15 países, acadando unha nominación nos Premios Mestre Mateo 2025.
Nos últimos anos, o estudo deu o salto á televisión con contidos frescos e de inspiración dixital, como A Nosa Movida, un programa de entretemento emitido na Televisión de Galicia, ou a serie animada para público infantil Galiworld, dispoñible en Xabarín.
A nivel internacional, os seus proxectos en marcha foron elixidos para laboratorios de desenvolvemento e produción de referencia como o Torino Film Lab, Midpoint Institute, Cartoon Springboard ou CIMA Impulsa.