As longametraxes en desenvolvemento ‘Islandia’ (Maruxiña Film Company e Matriuska Producións) e ‘Shido’ (Henfunk Studio) seleccionadas no Conecta Lab de CREA
A Asociación Galega dos Profesionais da Dirección e a Realización CREA ven de anunciar os proxectos seleccionados no Conecta Lab 2026, entre os que se atopan as longametraxes en desenvolvemento: ‘Islandia’ da nosa produtora asociada Maruxiña Film Company e Matriuska Producions, e ‘Shido’ da nosa produtora asociada Henfunk Studio.
Este laboratorio, que impulsa e acompaña aos creadores no proceso de creación, escrita e desenvolvemento de longametraxes e series, terá lugar do 14 ao 20 de abril de 2026 na Illa de San Simón. Onde os proxectos recibirán asesoramento de guión e dirección por parte de profesionais recoñecidos/as durante a residencia artística.

Alfonso Zarauza e Ledicia Sola chegan ao #ConectaLAB coa longametraxe “Islandia”. O filme conta a historia de Manoel, un home de 50 anos, perde á súa muller tras unha longa enfermidade e, pouco despois, á súa nai. Estas dúas mortes lévano a unha crise de madurez na que persoas que éranlle imprescindibles no pasado desaparecen no presente. Manoel marcha a Islandia, onde terá que perdoarse.

A longametraxe de ficción coa que Anita Pico chega ao #ConectaLAB, “Shido”, fálanos de Carla, que conta cada segundo da súa vida coma se nunca abandonase o tatami de judo. No ano clave para converterse en judoka profesional enfróntase a uns rivais que ameazan con destruír o seu soño. No medio do caos, Carla loita por non perder a súa propia identidade. Cun perfil ecléctico como creadora, Anita Pico traballa como guionista e directora entre o cinema e a televisión (ficción e “unscripted”). Compaxina estes proxectos coa dirección do seu estudio creativo en Galicia: Henfunk Studio.